lumes e preguntas sen resposta
Agora que andamos outro ano máis a voltas cos lumes forestais, non teño maís remedio que repetir unhas preguntiñas que levo facendo en distintos foros dende hai un ano:
Por qué no ano 2005 entre marzo e o 19 de xuño houbo unha seca prolongada con máis de corenta días de ventos moderados do nordés e apenas se produciron lumes?.
Por qué a partires do 19 de xuño comezaron a proliferar e dende primeiros de agosto (toma de posesión do novo goberno) houbo unha explosión que aínda perdura?
E agora engado:
Por qué o xornal do Berlusconi galego publicou a semana pasada que arderan 264 hectáreas en Culleredo (aínda están a rir da Voz por alí), cando o lume afectou a 0,26 has, e non rectificou?
Por qué ese mesmo xornal destaca en primeira plana os lumes destes días vencellándoos ao ano 89 e apenas destaca en letra pequena que este ano houbo unha importante reducción, de momento, no número e extensión dos lumes con respecto ao 2005?
Por qué parte do persoal de extinción contratado polos gobernos populares dixitalmente e dixitalmente feito persoal fixo nunhas “oposicións-test de xornal” vergoñentas non abría a boca en anos anteriores e agora adica máis tempo a protestar da man do sindicato do PP que a traballlar para o que se lle paga?
Cando a forma de facer política de algúns utiliza medios que poñen en perigo a vida das persoas, estamos a falar de políticos ou estamos a falar de criminais?.
Se cadra, algún día alguén tirará dos fíos e atoparei resposta a estas preguntas.


